A maior parte da traducción do módulo CAPTCHA está feita e pendente de revisión.

Groups audience: 

Comments

Bo traballo!

Como saberedes Proxecto Trasno (trasno.net) abriu o seu novo web empregando Drupal, polo que vemonos na obriga de telo debidamente traducido ao galego, conforme aos últimos acordos de estilo e terminoloxía.

Se o tendes a ben, fagome cardo de ir facendo na ferramenta propia de Drupal os mesmos cambios e correccións que xa aplicamos no noso web, e a ir pouco a pouco tratando de completalo.

Asumo este compromiso como membro de trasno e para tentar ter toda a localización centralizada no seu sitio. Se naida o impide, no plazo dun mes debe estar totalmente revisada e completada.

Agardo o que me digades.

Personalmente non vexo mellor opción que trasno se ocupe da revisión, pola traxectoria de traballos que veñen tendo, e por ofrecerse a sacrificada tarefa :)

Comecei esta mañá a atacar liña por liña a revisión e o completado das traducións, neste momento vou pola páxina 16 e con ánimo para rematar as 20.352 páxinas (si, son só 230.520 liñas) .

A ver como nos coordenamos para que as miñas revisións sexan "verificadas".

Ola,

Inda que me parece moi loabel a túa vontade creo que ir liña por liña todas as traduccións a cañón non ten sentido, xa que sen filtrar o listado inclue cadeas de versións vellas de Drupal e de módulos que seguramente non se estén a usar en ningures. Sería máis práctico e realista (xa que non somos tantos) ir establecendo prioridades por proxectos e traducindo primeiro a última versión e despois as anteriores.

O primeiro obxetivo debería ser ter totalmente traducido e revisado o núcleo de Drupal do que falta máis da metade por traducir e revisar. Como Drupal mantén estadísticas de uso de módulos sería interesante partir destas estadísticas para ir traducindo os módulos máis usados, e depois os menos. Este mecanismo de traballo pareceme máis lóxico xa que poría a disposición da comunidade unha tradución usábel moito máis rápido que coller o mogollón xa que a maior parte da xente acostuma a usar un conxunto de módulos bastante común. Este mecanismo o teño visto usar tanto na comunidade do Brasil como na española que ademais avisan cada vez que traducen un módulo para que alguén o revise.

Apertas

Vou pórme con isto:
http://localize.drupal.org/translate/languages/gl/translate?project=drupal
o dito, revisando liña a liña e completando

Totalmente dacordo con xavier, é imposible traducir todos os módulos de drupal dunha vez... e moito menos nun mes :) Hai que ir comezando polos máis usados, e dentro destes polas últimas versións. Dentro de pouco sairá D7, e teremos máis traballo... a cousa nunca termina, temos que seguir unha orde razoable para cubrir os casos máis comúns.
Eu tamén penso q hai que traducir primeiro o core, e despois os máis importantes, os que van en case todas as webs, coma (e digo de memoria) cck, views, token, pathauto, transliteration, imagefield, filefield, captcha, admin_menu, etc

Respecto ás revisións, tamén é un traballo importante, e que leva tempo. Eu collo de cando en vez e reviso algunha lista durante un rato, non teño moito tempo para revisar módulos enteiros, pero vou facendo a anacos de cada rato. Sen as revisións é coma se non estivera nada traducido!

Tendo esto en conta, propoñede os módulos que máis importancia teñen, e seguimos esa orde. Comezarei propoñendo os máis obvios :)

Do core (non todos son moi usados, realmente) eu diría: block, blog, comment, contact, filter, forum, locale, menu, node, path, search, system, taxonomy, translation, user (ainda que o desexable é que o core estea completo, dende logo)
Dos contrib, por suposto cck e views, e tamén filefield, imagefield, imagecache...

Vou pórme con isto:
http://localize.drupal.org/translate/languages/gl/translate?project=drupal
o dito, revisando liña a liña e completando

Despois de corrixir máis de 200 páxinas de http://localize.drupal.org/translate/languages/gl/translate?project=drupal pretendo comprobar que todo estea ben, para iso descargo os .po, para levalos a unha instalación de Drupal e verificar "in situ" a corrección do feito. Pero todo o que se descarga é o que xa habia antes das correccións, e dicir as liñas "asentadas", polo que non se pode verificar absolutamente nada.
Traballo en vano o de estes días :/ xa que todo o que corrixín non está dispoñible para descarga.

Como xa comentaba antes, antes de que as cadeas sexan definitivas, teñen que ser verficadas por outro traductor, para evitar erros. O proceso de confirmación leva o seu tempo tamén...

v 6.16

Unificar estilo e criterios.
Aplicar os últimos acordos de terminografía e estilo para a tradución de software.
Terminación en -bel, uniformizar a "Non [é|foi] posíbel...", os erros producense.
[By]default → predeterminado/por omisión. preset → predefini[r|do].
Os URL son masculinos. (Localizador Unificado de Recursos, Localizador Uniforme de Recursos) vide: http://termos.trasno.net/spip.php?page=termos&buscar=url
Os «enderezos» IP son masculinos.
directory → directorio (agás na metáfora de escritorio) folder → cartafol.
Substituir contraccións tód[olos|alas] por tod[os|as] [os|as]. ó(s) por ao(s).
correccións de tíles (so → só etc...).
substituir comando (Mando militar. Forza de asalto autónoma con poucos efectivos, organizada e preparada para cumprir misións especiais.) por orde
Corrixir erros específicos como un erro coa variábel "@count" que estaba traducida como "%count"

/profiles
/.../default → revisado (liña a liña) e completado → importado
/themes
/.../chameleon → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../garland → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../pushbutton → revisado (liña a liña) e completado → importado
/modules
/.../aggregator → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../block → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../blog → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../blogapi → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../book → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../color → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../comment → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../contact → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../dblog → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../filter → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../forum → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../help → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../locale → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../menu → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../node → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../openid → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../path →
/.../php →
/.../ping → revisado (liña a liña) e completado → importado
/.../poll → revisado (liña a liña) e completado → importado

/.../syslog → revisado (liña a liña) e completado → importado

/.../tracker → revisado (liña a liña) e completado → importado

/.../trigger → revisado (liña a liña) xa estaba completo → importado
/.../update → revisado (liña a liña) e completado → importado

sigo por orde alfabetica