Aquí vai unha pequena axuda que escribiu Rafa sobre como traballar nesta interface web de traducción:
OK, coma punto de partida carguei un arquivo de idiomas para a versión 6 (coma "Multiple contributors" e "Store as suggestions needing approval", por suposto).
Unha vez identificados no sistema, podedes ir á páxina principal do galego: http://localize.drupal.org/translate/languages/gl e na solapa "Translate" está a interfaz de traballo.
O mellor método creo que é que cada un se colla un módulo e pegarse con el ata que estea rematado. E para isto pódese filtrar por módulo no campo "Project". Por exemplo entrade "taxonomy", esperade uns segundos e poderedes observar tódolos módulos que teñen nome de módulo esa verba. Collede "Taxonomy context" e a última versión 6.x no selector "Release". Premede o botón "Filter" e teredes todas os textos e as caixas para traducilo.
Hai que salientar os botóns "Suggestions" (estrela) e "Information" (lupa) que serán de moita utilidade. Non esquezades de premer "Save suggestions" máis abaixo...
Engadide os comentarios que vos pareza con mais información ou dúbidas. Saúdos

Comments
Confirmar traduciones
Estaría guai que alguén confirmara as suxestións pendentes que hai unha morea de elas
Certo, estiven a ver se habia
Certo, estiven a ver se habia forma de confirmar todo de vez, pero hai que ir a poucos...
Confirmei algunhas hai uns días, a ver se teño un pouco de tempo pa seguir.
Xa confirmei algunha
Xa confirmei algunha traducción mais, sobre todo de views. Tiven algún problemiña con algunhas palabras que dependen do contexto... pero de momento imonos ter que apañar así. (para quen non saiba do tema podedes ler isto http://groups.drupal.org/node/56413)
Imos pouco a pouco, que é bastante tedioso ir revisando todo :) pero imos avanzando!