Ola, boa tarde, son Xesús Freire, deseñador web (con Drupal) e secretario do Servizo de Normalización da Terra de Melide (entidade que abrange os centros de ensino e os servizos de normalizacion da comarca) Para este ano académico temos pensado levar a cabo uns cantos proxectos e entre eles está un demnominado funcion t: tratamos de crear un grupo de bos alumnos en inglés do IES de Melide para que traduzan módulos de Drupal

Estes alumnos, logo de traducir as cadeas dos módulos que se lle propoñan pasaranllas a Arxi Cabanelas, técnico de Normalización Lingüística do Grove, que as revisará e as poñerá a disposición da comunidade.

Para facer isto temos pensado usar o programa poedit para xerar os arquivos .po traducidos que logo se pasarań a Arxi Cabanelas para que logo os poña a disposición da comunidade (logo da aprobación do administrador do grupo)

Alguén ten algunha suxestión sobre que módulos traducir (gustarianos empezar a traducir módulos relacionados con Drupal Commerce) e sobre todo traducir modulos dende cero, é dicir, que non teñan ningunha cadea traducida

Tedes ademais algunha suxestion sobre o proceso que debemos seguir? algún consello sobre o uso de poedit? algunha alternativa sinxela de usar para xente boa en inglés pero descoñecedora deste tipo de ferramentas?

Moitas grazas por adiantado

Saúdos

Groups audience: 

Comments

Primeiro que nada, noraboa pola iniciativa.

Consellos para o poedit non podo dar. Pódoche dicir que eu usaba o kbabel, que agora pasou a ser Lokalize (http://userbase.kde.org/Lokalize#Lokalize_under_Windows). No seu momento tampouco atopei moitas alternativas.

Sobre os módulos a escoller eu vexo lóxico comezar polos mais usados que serán os que teñan un maior impacto no uso de Drupal. Pódese obter esa información dende:

Bo día Xesús,
Eu como usuario de windows (forzado, hehe) recomendovos que provedes Virtaal. Pareceme unha excelente ferramenta e inclue un tutorial para aprender a traballar con ela.
Sobre o proceso de traducción visto dende o punto de vista organizativo non sei que dicir.. Sempre traballei so neste eido.. Pero supoño que haberia moitas cousas a ter en conta como:
- Termos estrictos, un concepto-unha palabra. (Ainda que na escrita formal apliquemos a norma inversa). Unha window sempre será unha xanela, e nunca se referira a tal concepto con outra palabra.
- uso das ultimas recomendacións da Rag (se agora esta recomandado escribir "ao" en vez de "ó" pois...)
- Coerencia de estilo, se todo o modulo esta traducido ca termitación -bel/-beis seria de moi mal gusto para o lector atopar terminacions -ble/-bles.

... asi a primeira hora da mañá non dou pensado en moito mais... pero supoño que nos seguintes comentarios atoparás moitos consellos! :D

Moitas grazas aos alumnos do IES de Melide por querer colaborar coa tecnoloxia libre e coa nosa lingua :)

Un saudo

PD: Recomendovos tamen que empreguedes diccionario Tiboxe de termos informaticos (http://corpus.trasno.net/ )

Parabéns pola iniciativa.

Non sei se aporto nada novo, pero aquí vos deixo a ligazón ao corpus de Mancomún:

http://corpus.mancomun.org/

moi moi útil, ou polo menos a min mo parece.

Saúdos e adiante coa iniciativa!!!