Ola!

Estiven a aprobar as traduccións que había pendentes pero non podo aprobar as miñas propias e hai moitas pendentes. Tamén comecei a traducir algunhas cousiñas da versión 7.x inda que non vou seguir porque hai moitas cousas que xa están traducidas pero pendentes de aprobación ou corrección. Mirade as estadísticas hai

3460 translations recorded
8366 suggestions awaiting approval

mais pendentes de aprobar que traducidas. Realmente a cola de aprobación está sendo un tapón para o avance do proceso de traducción.

Apertas!

Groups audience: 

Comments

Certamente, por iso teño parado o traballo e enviando a xente a descargar o paquete do meu repositorio, xa que ademáis dase o caso de que hai traducións xa aprobadas, pero que para manter unha total coherencia hai que cambialas polas propostas unificadas e resulta imposíbel facelo así.
Repensade como facelo, pero creo que o lóxico é que poidamos remitir un paquete completo e facelo como "definitivo", non como suxestión, xa que iso só ten sentido cando hai un equipo de tradución totalmente consolidado e hai un coordenador ou revisor que é o que ten máis coñecementos, pero iso obliga a que, polo menos, esta persoa teña permisos "totais" de remisión.

Creo que debe ser Sergio Caridad (scb) (o administrador do equipo de traductores para gl-Drupal) quen vos dea permisos de aprobación de cadeas.

Eu xa tratei de contactar no seu día para que lle dera permiso a mbouzada pero non obtiven resposta. A ver se lee este artigo e da permisos de aprobación...

Estou totalmente de acordo co que decides, sobretodo porque a maior parte das traduccións so teñen unha única suxerencia polo que normalmente non hai conflictos de momento. Despois se pode revisar o que haxa.

Tamén teño que comentar que notei que había traduccións que non cadraban co sentido que ten realmente o texto no seu contexto na interface ou que simplemente tiñan erros de picado. Se existen diverxencias creo que se poden discutir aquí e aplicar o criterio, hai traduccións profesionais onde basearse para seleccionar solucións como as de OpenOffice ou Gnome. Tamén me fixei que os ouros grupos teñen corpus coas típicas palabras conflictivas das traduccións de Drupal e a solución considerada correcta o que sirve de guía para unificar as nosas traduccións.

Se o actual xestor do grupo non resposta ás mensaxes pois haberá que contactar cos administradores de drupal.org e pedir o cambio de administrador.

Como algúns xa sabedes eu son o vicepresidente de Trasno (trasno.net) coordinador das traducións de MeeGo, LXDE, IceWM, ROX-Filer, Arora, MidnightCommander, MiniTube, co-administrador do equipo Ubuntu-l10n-gl, ... un feixe de aplicativos máis, colaboro (como tradutor) no proxecto LibreOffice e son o responsábel da galeguización da distro GALPon MiniNo (minino.galpon.org).
Este sábado pasado estivemos, os coordinadores de grupos de tradución e os tradutores, discutindo moitas cousas sobre terminoloxía, ademais son autor (aínda a estou completando) dunha recollida de erros léxicos e fraseolóxicos máis frecuentes (http://wiki.trasno.net/Formas_err%C3%B3neas_habituais), co que o que expós aquí do que fan outros grupos teño moi claro, e ese é o método que se propuña, de feito temos a idea de constituír en Trasno un grupo de tradución de Drupal, pero estando como está a cousa é inviábel.

Edito
Esqueceuseme comentar que as traducións de gnome e de OpenOffice son traballos de Trasno, e aínda que non traballo como tradutor neses proxectos, si que colaboro con eles.

Desculpa pero eu non falo das últimas traduccións de OpenOffice e Gnome senón das que se fixeron encargadas pola Xunta de Galicia e validada polo grupo de terminoloxía do ILGA, polo Termigal e polo Centro Ramón Piñeiro que se poden consultar en http://corpus.mancomun.org/xestermos.php

Entendo que estas traduccións de software libre son as únicas validadas por unha institución cun prestixio complarabel ao Instituto da Lingua Galega o Termigal e o Centro Ramón Piñeiro e polo tanto deben de ser a referencia principal nas seguintes traduccións do mesmo ámbito, xa que son estas institucións as que fixan a norma. A min podenme gustar mais ou menos estas traduccións pero entendo que o obxectivo principal da traducción de Drupal non é establecer un debate filolóxico senón seguir a norma fixada polas institucións de referencia da lingua. Pareceme interesante o debate filolóxico pero penso que o ámbito é outro.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Termigal
http://gl.wikipedia.org/wiki/Instituto_da_Lingua_Galega
http://gl.wikipedia.org/wiki/Centro_Ramón_Piñeiro_para_a_Investigación_en_Humanidades

Por un lado, somos mais de 20 membros do grupo, e, salvo 4 ou 5 que engadín hoxe porque non os vira, todos os demais temos permisos de aprobación de textos. É fundamental facer as traduccións, evidentemente, pero tamén é necesario facer as correspondentes aprobacións. Así está definido la infraestructura de l.d.o e non se pode cambiar, que eu saiba. Eu fixen un montón delas no seu día, e últimamente non puiden facer mais, pero dende logo non vou facelas eu todas por ser o administrador do grupo.

Por outra banda, é certo que, coma di caligari, pediume que lle dera acceso a mbouzada para aprobar traduccións. Así o fixen no seu día, leva meses con ese permiso (concretamente dende Maio), igual que outras 15 persoas. O que non fixo uso del foi porque non lle petou. Respecto a contactar con drupal.org para cambiar o administrador, non sei moi ben que che dicir, a verdade... igual che era mais sinxelo contactar comigo primeiro non? Igualiño que a vos, cada mensaxe posteada me chega por correo. Como xa comentei, eu non podo aprobar todas as traduccións persoalmente, non sei se é iso o que esperabades... tampouco hai ningún xeito de as aprobar en batch.

Aínda que estamos atascados coas aprobacións, penso que non é boa idea que un membro poda aprobar as súas propias, porque estariamos introducindo erros a moreas... o feito de aprobar as traduccións de outros é moito máis fiable, penso eu, de cara a un resultado mellor.

O tema do contexto é un tema complicado, xa teño falado del nalgún post hai tempo, e penso que de momento (en drupal 6 polo menos) non se pode facer nada. Hai contextos nos que non encaixan as traduccións, hai que facelo o mellor que se poda, usando termos xenéricos, e o campo contexto adecuadamente.

Respecto ao tema do estilo das traduccións, estou dacordo con xavier, non temos que reinventar a roda, que xa hai traballo abondo. Se nos podemos basear en traducción mais ou menos oficiais, mellor. E dende logo este non é lugar para profundos debates filolóxicos, máis ben se trata de que un usuario que instale Drupal poda utilizalo en galego de forma sinxela, e acorde coa terminoloxía técnica que ten de por medio.

Disculpa pero so recollía a afirmación de caligari de que estabas missing e suxería que nese caso habería que ter a alguén de administrador. Xa vexo que estás moi presente así que retiro a miña proposta e me desculpo se te sintes ofendido pero non había ningunha acritude nas miñas palabras.

Estou de acordo contigo con que hai un grupo de xente suficiente pero parece que non funciona e sigue habendo moitas traduccións sen aprobar, cicais esa non era a solución óptima pero o problema sigue resulta bastante frustrante o bloqueo actual e a min me obriga a manter unha versión propia das traduccións para poder usar Drupal en galego.

Non pasa nada, só me pareceu raro que me deran por missing por non respostar a unha mensaxe en menos de 2 horas... pero bueno da igual.

Eu se queredes activo o permiso de confirmar as propias traduccións, para que a mesma persoa que as traduce poda confirmalas. Pero isto, como xa dixen, incrementa as probabilidades de erro, na miña opinión. Por outra banda, é darlle máis traballo ao traductor, quen, ademais de traducir, ten despois que confirmar! O de confirmar o traballo dos demais sería tamén (en teoría) para repartir o traballo entre varios... pero se non funciona, xa vos digo que se pode cambiar, como querades. As traduccións van ter que ser confirmadas de tódolos xeitos...

Tamén penso que un membro non debe aprobar as súas propias traduccións. E sendo esixente creo que debería ser unha soa persoa escollida con criterio para facelo, pero neste tema hai que ser flexibles porque somos un grupo de voluntarios e o facemos o mellor que podemos.

Ainda que eu tiña permisos para aprobar dende o principio do equipo l10n non son quen de facelo e consideraba que mbouzada estaba cualificado para facelo e así lle pedín permisos no seu día a Sergio. Aquí debeu perderse a sincronización de mensaxes pois hai unhas 2 semanas que voltei a falar con el e me comentou que ainda non tiña as cadeas aprobadas.

Perfecto se xa está arranxado, pero tal vez debemos repensar no tema de que todos sexamos "aprobadores"...

mbouzada ten permisos de aprobación de textos dende o dia seguinte ao dia en que mo comentaches, en Maio. Pero según estamos agora, el non pode aprobar as súas propias traduccións... non é que se perderan mensaxes, é que se ninguén mais as aproba, da igual que el teña permiso, el non vai poder porque son súas.

Non podemos asignarlle a tarefa de aprobar a el só se impedimos que cada un aprobe as traduccións propias, e ao mesmo tempo é el mesmo quen traduce gran parte dos textos... Iso sen ter en conta que lle estariamos a cargar con todo o traballo de aprobación :)

Entendo a idea de ter un "aprobador" especializado, pero non a vexo viable neste momento... opinións?

Ola. A min gustaríame colaborar na tradución xa que vou empregar Drupal en galego. Son totalmente novato en Drupal pero estou aprendendo rápido. ¿En que estado está a tradución? ¿Hai tradutores activos agora mesmo?

Saúdos

Ola Samij.

Hoxe por hoxe todavía non estan organizados os traductores, calquera rexistrado en localize.drupal.org poder facer a súas suxerencias. Tamén pode aprovar as suxerencias de outros.

Eu estiven actualizando e aprovando a lista de cadeas que non tiña traducción pero tiñan suxerencias, que era un pouco o inicio deste post por xavier.alvarez, e irei aprovando as suxerencias que a xente envíe que vexa correctas e non teñan traducción.

Agora xa está o 100% do D6 e o 50% en D7. O núcleo claro.

Se queres colaborar e traducir o podes facer dende localize.drupal.org ou dende unha instalación local.
O que si estaría ben, mentres todavía quede tanto por traducir é non duplicar as traduccións que xa están feitas, xa que non serán aprovadas (por min polo menos) ata que teñamos un pouco máis discutido os termos a usar.

Para traducir dende unha instalación local mira ,se non os viste xa, os módulos: Localization client, Localization update, Translation template extractor e Language Checker.

Localization update: actualiza as traduccións do núcleo, módulos e temas dende localize.drupal.org.
Localization Client: podes ir traducindo a interfaz directamente na túa instalación e logo enviar as túas traduccións como suxerencias a localize.drupal.org para ser aprovadas.

Os traductores actuales os podes ver na páxina do grupo de traducción.

Un saúdo.

Tes que solicitarllo e que che dea permisos a un dos administradores do grupo de traducción:

Galician team Admins

  • mbouzada
  • scb
  • xacobe

Grazas polo traballo! :)

Boas Eu tamén acabo de enviar un mensaxe de contacto, no meu caso a scb e xacobe para pedirlles que tamén me fagan moderadora!

Boa tarde!.

Xa estades os dous como moderadores. Gracias polo traballo realizado!

Tan so decir que hai que ter en conta que moitas das traduccións pendientes son a palabras que xa teñen traducción. As palabras que teñen suxerencias pero non traducción se poden encontrar no enlace da páxina principal do grupo, ou sexa aqui

Gracias a todos pola colaboracións ;)