Moitas traduccións pendentes de aprobación
Ola!
Estiven a aprobar as traduccións que había pendentes pero non podo aprobar as miñas propias e hai moitas pendentes. Tamén comecei a traducir algunhas cousiñas da versión 7.x inda que non vou seguir porque hai moitas cousas que xa están traducidas pero pendentes de aprobación ou corrección. Mirade as estadísticas hai
3460 translations recorded
8366 suggestions awaiting approval
mais pendentes de aprobar que traducidas. Realmente a cola de aprobación está sendo un tapón para o avance do proceso de traducción.
Apertas!
Tradución do "core"
Mañá non poderei facer nada, así que o mercores rematarei o "core" e xa deixarei importado todo.
drupal-6.16/
/profiles
/../default → revisado (liña a liña) e completado → importado
/themes
/../chameleon → revisado (liña a liña) e completado → importado
/../garland → revisado (liña a liña) e completado → importado
/../pushbutton → revisado (liña a liña) e completado → importado
/modules
/../aggregator → revisado (liña a liña) e completado → importado
/../block → revisado (liña a liña) e completado → importado
/../blog → revisado (liña a liña) e completado → importado
Tradución do módulo CAPTCHA
A maior parte da traducción do módulo CAPTCHA está feita e pendente de revisión.
Recursos para a traducción
Na web atopei os seguintes recursos que poden axudar a aclarar dúbidas terminolóxicas relacionadas coa traducción de aplicacións do inglés ao Galego.
Corpus de mancomun, podemos ver como se realizaron as traduccións profesionais de diferentes aplicacións (exceptuando a do Gimp que non é pro). Busca palabras dentro das cadeas de todos so ficheiros .po traducidos:
http://corpus.mancomun.org/xestermos.php
Glosario de referencia para as traduccións do corpus anteriormente comentado:
http://wiki.mancomun.org/index.php/Glosario
Cómo traballar con l.d.o
Aquí vai unha pequena axuda que escribiu Rafa sobre como traballar nesta interface web de traducción:
OK, coma punto de partida carguei un arquivo de idiomas para a versión 6 (coma "Multiple contributors" e "Store as suggestions needing approval", por suposto).
Unha vez identificados no sistema, podedes ir á páxina principal do galego: http://localize.drupal.org/translate/languages/gl e na solapa "Translate" está a interfaz de traballo.
Read more